Bases do Certamen de Teatro Xuvenil Provincia de Pontevedra
Premios “Carballo, Folla de Ouro”
(Do 30 de abril ó 04 de maio de 2008)
Podrán concursar tódalas asociacións e grupos teatrais da Provincia de Pontevedra.
A idade dos actores estará comprendida entre os 12 e os 30 anos.
Os premios para as seis agrupacións teatrais ou asociacións finalistas son:
300€ pola representacíon, Diploma e Trofeo conmemorativo do V ANIVERSARIO.
Premios e categorías a concurso:
- Folla de Ouro para a mellor posta en escea.
- Folla de Ouro para o mellor actor/actriz principal.
- Folla de Ouro para o mellor actor/actriz secundario/a.
- Folla de Ouro para o mellor decorado.
Cada asociación ou grupo teatral, podrá participar cunha única obra.
A obra non terá unha duración superior ós 70 minutos e esta será representada en idioma Galego.
Os grupos teatrais ou asociacións deberán enviar nun DVD unha representación ou ensaio da obra que presenta a concurso e no mesmo sobre deberán remitir os seguintes datos: o nome do grupo teatral, relación de actores propostos para cada categoría, fotocopia do DNI dos actores, o domicilio social , e-mail e número de teléfono de contacto, que serán enviados á seguinte dirección:
Asociación de Interés Social Eira Vella de Pontevedra
Escusa Capital 3. Ribadumia.
36636. Pontevedra
O prazo de admisión dos traballos estará aberto dende a publicación desta convocatoria ata o 20 de ABRIL de 2008.
Todos aqueles traballos recibidos con posterioridade quedarán excluidos do concurso.
Nos envíos por correo ou transporte, considerarase a data de recepción.
A organización non asume ningunha responsabilidade polos danos ou desperfectos que os dvd´s presentados poidan sufrir en tales envíos, cuxos gastos corren a cargo dos concursantes.
Os finalistas daranse a coñecer antes do 25 de ABRIL. Estes serán informados ben vía correo electrónico ou por teléfono.
A decisión do xurado é inapelable.
Non se mantendrá correspondencia cos actores ou agrupacións (agás cós finalistas á hora de comunicarlles a súa designación así como o día e hora de actuación), nin se devolverán os dvd´s.
A tódolos grupos enviaráselles un correo electrónico comunicándolles o resultado da selección. EN CASO DE DUBIDA SOBRE AS BASES OS GRUPOS PODERÁN PORSE EN CONTACTO A TRAVÉS DE E-MAIL: ascudeive@yahoo.es
Os finalistas terán a obriga de representar as obras no día e hora que acorde a organización.
As obras poranse en escea dende o 30 de abril ata 04 de maio en horario de 20:30 hs no Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia.
Os gañadores daranse a coñecer polo xurado o 04 de maio durante a ceremonia de entrega de premios e peche desta edición.
A participación no certame supón a total e plena aceptación destas bases por parte dos concursantes.
Organiza:
Asociación C. D. de Interés Social
“ Eira Vella de Pontevedra”
Colaboran:
Ilmo. Concello de Ribadumia
Excma. Deputación de Pontevedra
V Certame de Teatro Xuvenil
XOVES PROMESAS
Provincia de Pontevedra
Premios “Carballo, Folla de Ouro”
(Do 30 ó 04 de maio de 2008)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)