sábado

Grupo Folclórico Alborozo graba o seu primer disco







O GRUPO FOLCÓRICO ALBOROZO DE RIBADUMIA GRABOU ESTE SÁBADO O SEU PRIMER DISCO.



A XORNADA FOI LONGA E ENREQUECEDORA.



ENSAIOS,..........




, ......... ALGO MÁIS QUE BAILE, (MODERNO)




........, FÚTBOL, (EN BREVE SUBIREMOS O VIDEO)




COMIDA, ................, MÚSICA MODERNA PARA DESESTRESARSE E GRABACIÓN DO DISCO.



E POR SUPOSTO, UNHA DAS QUE MELLOR O PASOU FOI A NOSA PEQUE ........


ALGÚN QUE OUTRO PROBLEMA TÉCNICO PERO TODO SE SOLUCIONOU.

jueves

V CERTAME DE TEATRO XOVES PROMESAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA " CARBALLO FOLLAS DE OUROS 2008"

Bases do Certamen de Teatro Xuvenil Provincia de Pontevedra
Premios “Carballo, Folla de Ouro”
(Do 30 de abril ó 04 de maio de 2008)

Podrán concursar tódalas asociacións e grupos teatrais da Provincia de Pontevedra.

A idade dos actores estará comprendida entre os 12 e os 30 anos.

Os premios para as seis agrupacións teatrais ou asociacións finalistas son:
300€ pola representacíon, Diploma e Trofeo conmemorativo do V ANIVERSARIO.
Premios e categorías a concurso:
- Folla de Ouro para a mellor posta en escea.
- Folla de Ouro para o mellor actor/actriz principal.
- Folla de Ouro para o mellor actor/actriz secundario/a.
- Folla de Ouro para o mellor decorado.

Cada asociación ou grupo teatral, podrá participar cunha única obra.

A obra non terá unha duración superior ós 70 minutos e esta será representada en idioma Galego.

Os grupos teatrais ou asociacións deberán enviar nun DVD unha representación ou ensaio da obra que presenta a concurso e no mesmo sobre deberán remitir os seguintes datos: o nome do grupo teatral, relación de actores propostos para cada categoría, fotocopia do DNI dos actores, o domicilio social , e-mail e número de teléfono de contacto, que serán enviados á seguinte dirección:
Asociación de Interés Social Eira Vella de Pontevedra
Escusa Capital 3. Ribadumia.
36636. Pontevedra
O prazo de admisión dos traballos estará aberto dende a publicación desta convocatoria ata o 20 de ABRIL de 2008.

Todos aqueles traballos recibidos con posterioridade quedarán excluidos do concurso.

Nos envíos por correo ou transporte, considerarase a data de recepción.

A organización non asume ningunha responsabilidade polos danos ou desperfectos que os dvd´s presentados poidan sufrir en tales envíos, cuxos gastos corren a cargo dos concursantes.

Os finalistas daranse a coñecer antes do 25 de ABRIL. Estes serán informados ben vía correo electrónico ou por teléfono.

A decisión do xurado é inapelable.

Non se mantendrá correspondencia cos actores ou agrupacións (agás cós finalistas á hora de comunicarlles a súa designación así como o día e hora de actuación), nin se devolverán os dvd´s.
A tódolos grupos enviaráselles un correo electrónico comunicándolles o resultado da selección. EN CASO DE DUBIDA SOBRE AS BASES OS GRUPOS PODERÁN PORSE EN CONTACTO A TRAVÉS DE E-MAIL: ascudeive@yahoo.es

Os finalistas terán a obriga de representar as obras no día e hora que acorde a organización.

As obras poranse en escea dende o 30 de abril ata 04 de maio en horario de 20:30 hs no Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia.

Os gañadores daranse a coñecer polo xurado o 04 de maio durante a ceremonia de entrega de premios e peche desta edición.

A participación no certame supón a total e plena aceptación destas bases por parte dos concursantes.
Organiza:
Asociación C. D. de Interés Social
“ Eira Vella de Pontevedra”

Colaboran:
Ilmo. Concello de Ribadumia
Excma. Deputación de Pontevedra

V Certame de Teatro Xuvenil
XOVES PROMESAS
Provincia de Pontevedra

Premios “Carballo, Folla de Ouro”

(Do 30 ó 04 de maio de 2008)

miércoles

Cursos de Informática para tódalas idades

A Asociación Eira Vella está a organizar tres cursos de informática.
Curso Básico de Informática.
Curso Avanzado de Word.
Curso de Acceso a Internet.
Todas aquelas persoas interesadas en participar neste cursos podense por en contacto coa Asociación a través do correo electrónico: ascudeive@yahoo.es ou ben chamando ó teléfono 625132350.

jueves


Medio Ambiente, separa e gañamos todos

Campaña de Sensibilización Medio Ambiente en Ribadumia. Convenio entre a Asociación de Interés Social Eira Vella e o Concello de Ribadumia

Festival Música Pop " Quercus Pop" Novos valores

Na Carballeira de Barrantes o 24 de Xullo a partir das 23:00 hs

Certame de Teatro Xoves Promesas Provincia de Pontevedra Carballo Follas de Ouro


GAÑADORES DA IV EDICIÓN
"CARBALLOS FOLLAS DE OURO"









Finalistas e participantes dos diversos grupos de Teatro da Provincia de Pontevedra:
Gañadores
Categoría Mellor Actor/Actriz Principal:
Categoría Mellor Actor/Actriz Secundario:
Categoría Decorado:
Categoría Mellor Actor/Actriz Promesa:
Categoría Mellor Obra 2007:
do 09 ó 30 de novembro.